OPERACIÓN BAKÚN!

operacion bikini

Chega o sol e o bo tempo, tempo de estar cos amigos e xuntarse no monte a desfrutar das instalacións que con tanto sufrimento fomos creando para disfrute e ocio alternativo e colectivo da masa obreira do país.

Lugares onde por catro pesos podías desfrutar dun dia no medio da natureza, normalmente en lugares senlleiros, que te fixeran esquecer momentaneamente a miseria na que vives.

Asadores públicos, comunais, ben comun, da comunidade ou do entorno, chamemoslle como queiramos, o único que precisabas era unha pouca de lenha e a carne producida por labregos galegos, ou as sardinhas que con tanto esforzo foron buscar os marinheiros máis aló das rías, ou as verduras que con tanto sufrimento os homes dos nosos campos fixeron medrar.

Todo o ano podíamos desfrutar dos asadores, vivimos nun país no que o tempo non sempre acompanha e no que durante o verán, chove tanto ou máis que durante o inverno, así que tanto podías ter a sorte de facer unha churrascada en agosto, como en marzo, daba igual, e aqui xamais pasou nada que fixera tremer ese ocio ancestral do lume e a comida.

Esas eran as nosas vidas ate aquel incendio de 2005 en Guadalaxara, onde un incompetente fixo un lume que provocou a morte de 11 bombeiros.

O goberno de España, en vez de promover accions de educacion, de ensinarlle aos iñorantes, imbeciles e duros, cando e como se ten que facer o lume, decide prohibir en todo o estado facer lume no verán. Dictando normas dende Madrid a persoas que viven a 600 kms deles e que pouco saben dos nosos usos e costumes co lume. Gobernan para o pobo pero sen o pobo.

 

Por iso pedimos:

Derogacion do decreto lei que nos impide desfrutar dos nosos montes.

Ensino nos centros educativos das normas do lume, e de como acender e apagar correctamente unha lareira.

Aulas gastronómicas aos máis cativos para que haxa renovacion xeneracional nos asadores.

Mellora das instalacións nos nosos montes.

Advertisements

XXXII FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA – 7, 8 e 9 de Marzo

feiravinho

O Concello de Chantada organiza para os días 7, 8 e 9 de Marzo de 2014 a XXXII FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA.
– PROGRAMA XXXII FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA –

VENRES 7 DE MARZO
—————————————–

20:00
APERTURA DE STANDS DAS ADEGAS PARTICIPANTES.

24:00
ACTUACIÓN DO “GRUPO YUCATAN”

SÁBADO 8 DE MARZO
—————————————–

11:00
– PASACALLES DOS GAITEIROS DA ESCOLA TRACIDIONAL DE MÚSICA DE CHANTADA

GRUPO DE ZANFONAS DA TRADESCOLA DE LUGO

13:00
CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE CHANTADA

17:00
ESTOUPACALDEIROS DE RÁBADE
– CHARANGA GARRAFON.COM
– GRUPO DE ZANFOÑAS DA TRADESCOLA DE LUGO

21:00
ROYAL ORQUESTRA
ORQUESTRA SAUDADE 73

DOMINGO 10 DE MARZO
—————————————–

10:00
PASACALLES DOS GAITEIROS OS BARRIOS

11:00
CHARANGA NBA

11:00
CATA OFICIAL DA XXXII FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA.

12:30
BANDA DE GAITAS DO CONCELLO DE CHANTADA

13:00
PREGÓN DA XXXII FEIRA DO VIÑO A CARGO DE XULIO LÓPEZ VALCÁRCEL

16:00
CHARANGA NBA

18:00
ORQUESTRA TREBOL
ORQUESTRA COMPOSTELA

NOTA: As horas dos eventos son orientativas.

IV Concurso de tapas Bocadiños do Cocido – LALÍN – 26 de Febreiro ao 9 de Marzo.

bocadiños

A Feira do Cocico de Lalín aínda non rematou,  continúa co concurso de tapas Bocadiños do Cocido. Dende hoxe ata o Domingo 9 de Marzo 13 establecementos da comarca do Deza ofrecerán tapas por 1,50 €.

Participar ten premio. Os establecementos participantes ofrecerán unha cartilla onde irás sellando en cada local no que consumas. Se completas tódolos bares entrarás no sorteo dos seguintes premios:

  • 500 € en metálico por cortesía dos establecementos participantes no concurso, Disanfa e a Comisión de Hostelería.
  • 1 lote de productos por cortesía de Embutidos Lalinense.
  • 1 lote de viño por cortesía de Monterrei Denominación de Origen.
  • 12 camisetas da Feira do Cocido de Lalín diseñada por Rei Zentolo, cortesía do Concello de Lalín.

Estos son os establecementos participantes coas súas tapas:

1.- Bodegón A CuncaCocido Chic, Pastel de Cocido!! (Pecha os mércores. Horario tapa: 12.30 – 15.00 e 19.30 – 22.00 h.)

lalín1

2.- Hotel Restaurante PontiñasRoliño do Cocido  (Horario tapa: 12.00 – 16.30 e 19.00 – 24.00 h.)

lalín2

3.- Pazo de Bendoiro – El Tu y Yo del Cocido  (Pecha os domingos a noite. Horario tapa: 12.00 – 15.00 e 20.00 – 22.00 h.)

lalín3

4.- Pensión Restaurante Las Palmeras – A Capa do Cocido (Pecha os domingos. Horario tapa: 20.30 – 23.00 h.)

lalín4

5.- Restaurante Agarimo – Corais do Cocido (Pecha luns e martes. Horario tapas: ate as 23.00 h.)

lalín5

6.- Restaurante Cabanas – O Incrible Hulk do Cocido (Pecha os domingos a noite. Horario tapa: 19.00 – 24.00 h.)

lalín6

7.- Restaurante La Molinera – Sope de Cocido (Pecha os mércores. Horario tapa: 12.00 – 15.30 e 19.30 – 24.00 h.)

lalín7

8.- Restaurante Onde Antonio  – O Potiño de Cocido (Pecha os domingos. Horario tapa: a partir  de las 19.00 h.) SEN FOTO

9.- Restaurante Villanueva – Pincho XLVI  (Pecha os domingos a tarde. Horario tapas: a partir de las 20.00 h.)

lalín9

10.- Taberna A Lareira – Desoutrodía (Pecha sábados e domingos. Horario tapa: de 19.00 – 21.00 h.)

lalín10

11.- Taberna RÚA – Cocido 1963 (Horario tapa: 20.00 – 22.00 h.)

lalín11

12.- Taberna de Prado –  Lacongrelo (Horario tapa: a partires das 19.00 h.) SEN FOTO

13.- Viño e Tapas SUSO – Zapatilla de Lalaino “Sur Coulis de Nevet”  (Horario tapa: 19.00 – 22.00 h.)

lalín13

Concurso de Tapas en Teo – 21 de Febreiro a 9 de Marzo.

teo

A segunda edición do concurso de Tapas en Teo centrarase no entroido e deste xeito as quince tapas participantes serán elaboradas con produtos típicos desta celebración lúdica. O concurso no que participan catorce establecementos hostaleiros e a cantina do mercado do alimento labrego de Teo comeza o 21 de febreiro e remata o 9 de marzo.

A lista de participantes confórmana; Taberna Riveiro, Taberna Mella, Café A Senra, Casa Pernas, Bariloche Café & Restaurante, Parrillada As Brasas, A Capilla, Chila Café, Restaurante San Martiño, Restaurante Carboeiro, Touché Café Lounge, Canaletto, Cervecería Manu, Cafetería Maradentro e a Cantina do Mercado do alimento labrego dos Tilos.

Os locais de Teo participantes servirán a tapa  de 13:00 a 15:30 horas e entre as 19:30 e as 23:00 horas. En cada establecemento selarán o pasaporte que se pode completar con quince selos. As persoas que participen probando os diferentes petiscos tamén poden ir valorando cada un no local. Deses votos sairá a tapa máis popular entre os clientes.

Información de BenBo

SORTEO CARNELAO-MONDARIZ (LOTE DE PRODUTOS “MONDARIZ REFRESCOS”)

SORTEOWEB

Queres este espectacular lote de produtos de “Mondariz Refrescos”? Moi doado, so tes que darlle a gustame na foto do seguinte enlace e compartila no teu muro de Facebook e entrarás no sorteo deste espectacular lote de produtos de “Mondariz Refrescos”:

https://www.facebook.com/photo.php?fbid=646600278732347

O lote componse de latas dos 3 refrescos que Mondariz saca a venta este ano: Mondariz Premium Cola, Mondariz Té Premium e Mondariz Sport. O plazo para facelo remata o Domingo 16 de Febreiro as 24:00. O sorteo realizarase o luns 17 de febreiro e o gañador será publicado tanto nesta páxina web como na páxina do Facebook de Carnelao.

Mondariz da un novo paso cara a soberanía alimentar galega elaborando na nosa terra 3 novos refrescos. Actualmente os galegos que consumen refrescos están acostumados a tomar Coca-Cola, Aquarius ou Nestea, todos eles de “Coca-Cola Company”. Vimos de coñecer o pasado mes que pese ao aumento de ingresos de Coca-Cola estiman despedir este ano 1.200 distribuidores en toda España, dos cales moitos son galegos. Nestes tempos de crise sabemos que para xerar emprego e riqueza no noso país necesitamos que os produtos que consumimos os galegos sexan elaborados na nosa terra. Ademáis conseguimos un aforro enerxético xa que para a súa distribución úsase moito menos combustibel que para produtos que veñen de fora convertindo os produtos galegos en moito mais ecolóxicos e sostibeis co medioambiente que os foráneos.

Así que non o dubides, a partir de hoxe nos bares, nos restaurantes, nos supermercados, etc, esixe produtos galegos, esixe Mondariz Refrescos.

OLVÍDATE DE COCA-COLA E CONSUME MONDARIZ PREMIUM COLA

MUDA O AQUARIUS POR MONDARIZ SPORT

DEIXA O NESTEA E PASATE AO MONDARIZ TÉ PREMIUM

DA UN PASO MAIS CARA A SOBERANÍA ALIMENTAR GALEGA

MONDARIZ PREMIUM COLA (mais información):

https://carnelao.wordpress.com/2014/01/14/mondariz-premium-cola/

MONDARIZ SPORT (mais información):

https://carnelao.wordpress.com/2014/01/14/mondariz-sport/

MONDARIZ TÉ PREMIUM (mais información):

https://carnelao.wordpress.com/2014/01/14/mondariz-te-premium/